As filloeiras de Muimenta son as protagonistas da publicidade dunha empresa aceiteira galega
Aceites Abril (empresa referente de Galicia) inician este mes de febreiro unha nova campaña Haciendo mejor a los mejores, onde, xunto ás coñecidas Filloeiras de Muimenta, reivindican o seu bon facer culinario frente ás “crêpes foráneas”, a través dunhas creatividades cun tono casual.
Dende a empresa aceiteira, manifestan: "¿Quen mellor ca elas para engrandecer e ensalzar á filloa, tan típica nestas datas?"
Con esta campaña, ponse en valor o patrimonio culinario de Galicia, e as súas grandes defensoras (e defensores, xa que lembramos que en Muimenta, temos unha gran canteira de filloeiros), mantendo unha das recetas ancentrais como a da filloa.
Dase voz e ponse nome propios a catro das filloeiras máis veteranas da Festa da Filloa de Muimenta, Festa de interese turístico de Galicia, dúas veciñas de Muimenta: Maruja Alonso e Claudina Rus, e dúas veciñas de Bazar (Castro de Rei), as irmáns Dosinda e Ana Vila, onde a unha sola voz din "Non somos de crêpes, somos de filloas”.
As protagonistas son colaboradoras da Asociación de Empresarios de Muimenta, que organizan a Festa da Filloa de Muimenta, que se celebra nesta localidade desde o ano 1992.
Dita festa naceu, en principio para buscar fondos para a financiación da Moexmu, aínda que tamén para recuperar este típico postre de gran tradición a comarca da Terra Chá, en particular e en Galicia en xeral, e que se estaba comenzando a deixar de elaborar.
Impulsouse a recuperación deste típico postre da gastronomía galega, e co paso dos anos, a festa que se celebra cada primeiro de maio, logrou ser recoñecida pola Xunta de Galicia como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Igualmente, dende o ano 2005 levase a cabo Escola de Filleiras e Filloeiros, para garantizar que as novas xeneracións poidan desfrutar deste manxar. Moitos deses alumnos participan hoxe en día na festa eleborando filloas.
Aceites Abril aporta a súa experiencia e saber, potenciando a tradición culinaria de Galicia e axudando a conservar o verdadiero patrimonio cultual galego.