As bancadas do Suso Cruz de Guitiriz estrean asentos formando o nome da vila
TerraChaXa
O estadio de fútbol Suso Cruz de Guitiriz comezou o mes de febreiro ofrecendo unha nova imaxe para os amantes do deporte rei.
19 Feb 2023
O estadio de fútbol Suso Cruz de Guitiriz comezou o mes de febreiro ofrecendo unha nova imaxe para os amantes do deporte rei.
O Concello fíxose cargo da instalación de asentos nas bancadas do público, que están en hormigón. Ademais, coas dúas cores empregas fomaron o nome do concello, visible dende o campo.
O orzamento foi de 7.984 euros e deste modo facilitan a comodidade de pais e seguidores dos equipos de base e sénior do club local.