As II Olimpíadas Rurais de Galicia en Friol xa teñen o programa para a próxima semana

LugoXa | TerraChaXa
O venres 20 abrirase a programación coa gala inaugural ás 20:00 horas, seguida do comezo dos xogos na Praza Andón Cebreiro
olimpiadas-rurais-friol2
9 Jun 2025

O concello lucense de Friol converterase de novo no epicentro da tradición, do deporte rural e da festa coa celebración das II Olimpíadas Rurais de Galicia, que terán lugar os días 20, 21 e 22 de xuño de 2025. O evento, organizado co apoio da Xunta de Galicia, contará cun amplo programa de actividades e actuacións musicais que reunirán a veciños e visitantes nunha fin de semana chea de ambiente e espírito comunitario.

O venres 20 abrirase a programación coa gala inaugural ás 20:00 horas, seguida do comezo dos xogos na Praza Andón Cebreiro, con probas como o garrote e a cucaña. A noite estará amenizada polas actuacións de Louband, Grupo Claxon e o DJ Cosme.

O sábado 21, tras un almorzo comunitario, continuarán os xogos tradicionais pola mañá na praza, con disciplinas como zancos, cintas e carreira de sacos. A sesión vermú contará cunha charanga e pola tarde os xogos trasladaranse ao campo de fútbol, onde se celebrarán probas como a billarda, a piola, a carreira de lazos, a chave e a carretilla. A noite do sábado estará marcada pola música, coa actuación da banda Broken Peach, un tributo a Estopa a cargo de Estopas e o peche con Señora DJ.

O domingo 22 comezará tamén cun almorzo comunitario e novos xogos na praza como a comba e o tiro de corda, así como unha actuación da agrupación Tambucada Cadabatu. Pola tarde, as probas trasladaranse ao complexo fluvial, onde se celebrarán o lanzamento de adoquín e a silla da raíña. A sesión vermú correrá a cargo de Los Alcántara e ás 14:30 terá lugar un xantar de irmandade. Xa pola tarde, farase a entrega de premios e a clausura oficial das olimpíadas, que rematarán coa actuación do grupo La Indirigible.

Con esta segunda edición, Friol consolida as súas Olimpíadas Rurais como unha cita de referencia para a recuperación dos xogos populares galegos, nun ambiente de celebración e participación interxeracional.

programa-olimpiadas
⚙ Configurar cookies
0.17384099960327