As irmáns Purriños foron nominadas con dúas obras cada unha aos Goya da fotografía

TerraChaXa
As fotógrafas vilalbesas Yolanda e Inma Purriños veñen de ser nominadas, cada unha delas con dúas obras, aos Goya da fotografía, que se celebrarán o 4 de febreiro en Zaragoza.
18 Xan 2023

As fotógrafas vilalbesas Yolanda e Inma Purriños veñen de ser nominadas, cada unha delas con dúas obras, aos Goya da fotografía, que se celebrarán o 4 de febreiro en Zaragoza.

Ambas as dúas teñen sido recoñecidas nas últimas edicións con nominacións pero este é o primeiro ano que as dúas teñen dúas obras seleccionadas para optar polo premio.

Ambas as dúas competirán en distintas categorías, Inma en libre creación e en infantil e Yolanda en comisión e retrato.

0.080451965332031