As irmás Purriños serán as pregoeiras das festas de San Ramón de 2025

A alcalde de Vilalba, Marta Rouco, e a concelleira de Cultura, Mónica González, presentaron este martes o cartel do programa das Festas de San Ramón e Santa María 2025.
A primeira das comunicacións foi a presentación do pregoeiro de este ano, que corresponde ás irmás Yolanda e Inma Purriños, as dúas fotógrafas da localidade, distinguidas en varias ocasións con premios polo seu traballo. A alcaldesa explicou que é a primeira vez que o pregón é compartido e amosou o seu "orgullo" por ser elas as que abran as festas.
A elección das pregoeiras foi un acordo entre as dúas forzas políticas ademais polo feito de "ser mulleres e profetas na súa terra".
Ademais, o cartel deste ano foi deseñado por Eduardo Pérez Baamonde, outro vilalbés, que representou no se cartel os eixes das festas, a banda de música, o roscón ou a Torre dos Andrade. A alcaldesa e Mónica González destacaron o seu labor como pintor e fixeron un percorrido pola pegada que deixou na localidade.
As dúas pregoeiras mostraron o seu "agradecemento e emoción" por ter sido escollidas e defenden o feito de "ser de Vilalba". O autor do cartel pola súa banda, destacou que na súa obra lémbrase a importancia das festas "que van máis alá do que é a propia vila".
Finalmente, dende o Concello de Vilalba adiantaron que as festas patronais comezarán o venres 22 de agosto, coa tradicional xira campestre na Madalena, e estenderanse ata o domingo 7 de setembro, coa celebración da feira e o Día das Parroquias, no que esta edición a protagonista será San Xurxo de Rioaveso.
Así mesmo, confirmaron que a primeira semana de xullo se darán a coñecer máis detalles das festas de San Ramón e Santa María, que este ano volve organizar o Concello de Vilalba coa colaboración da Asociación cultural festas patronais de Vilalba para a elaboración do libro das festas e “outros aspectos nos que poidamos precisar da súa participación”.