As localidades de Lousada de Arriba e Momán, en Xermade, están de festa
Dúas localidades de Xermade están de festa esta fin de semana. Así, Lousada de Arriba festexa a San Andrés e San Xoán comezando o sábado 10 cunha misa ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú, que estará a cargo de La Ola ADN. Esta mesma amenizará a verbena, na que tamén estará o dúo Venus.
O domingo, repetirase o oficio relixioso para deixar paso á música do grupo Máster en sesión vermú, que porá o punto e final ás celebracións.
A organización, a Comunidade de Montes de Lousada, lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa. Ademais, o 12 de agosto, celebrarase a Romaría do Goia.
En Momán as festas de San Antón cinguiranse ao sábado 10. Darán comezo coa misa solemne e a procesión para seguir cunha sesión vermú a cargo do grupo Eclipse. Pola noite, na verbena, estará de movo Eclipse xunto a Cinema.
A festa está organizada pola Sociedade Cultural e Recreativa de Momán.