As mulleres de Insua celebra este sábado un obradoiro de plantas medicinais

TerraChaXa
A Asociación de Mulleres de San Bartolomeu de Insua organiza un obradoiro de plantas medicinais que se impartirá o domingo 12 de maio na Casa Escola de Insua.
obradoiro plantas medicinais insua portada
5 Maio 2024

A Asociación de Mulleres de San Bartolomeu de Insua organiza un obradoiro de plantas medicinais que se impartirá o domingo 12 de maio na Casa Escola de Insua.

Trátase dunha actividade de catro horas de duración na que se abordará o aproveitamento de plantas medicinais da contorna, elaboración de cosméticos para a limpeza sen químicos e elaboración de cosméticos para coidado persoal.

A sesión terá lugar de 16.00 a 20.00 horas.

As persoas que desexen inscribirse poden facelo no teléfono 696 618 454 (Lourdes).

Esta actividade está financiada pola Deputación provincial como entidade xestora da Reservas da Biosfera Terra do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

0.18471598625183