As mulleres de Insua celebra este sábado un obradoiro de plantas medicinais
A Asociación de Mulleres de San Bartolomeu de Insua organiza un obradoiro de plantas medicinais que se impartirá este sábado, 18 de novembro a cargo de Milhulloa, de Palas de Rei.
Trátase dunha actividade de sete horas de duración na que se abordará o aproveitamento de plantas medicinais da contorna, elaboración de cosméticos para a limpeza sen químicos (como xabón de glicerina, pedra para limpar vitro, ptas e cociña, fluído para limpeza dos mobles de madeira, etc.) e elaboración de cosméticos para coidado persoal (xel, dentífrico, etc.).
Os participantes poderán levarse para casa todos os produtos que elaboren.
A sesión terá lugar de 10.30 a 13.30 horas pola mañá e de 15.30 a 19.30 pola tarde na casa escola de Insua.
As persoas que desexen inscribirse poden facelo no teléfono 696 618 454 (Lourdes).
Esta actividade está financiada pola Deputación provincial como entidade xestora da Reservas da Biosfera Terra do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.