As Mulleres Rurais Cousas Nosas de Cospeito organizan unha excursión de Nadal a Allariz

A asociación Mulleres Rurais Cousas Nosas prepara unha saída especial para celebrar o Nadal con destino a Allariz. A excursión terá lugar o venres 20 de decembro, cunha saída prevista ás 8.00 horas. O programa combina paseo polo casco histórico, xantar de cocido ourensán e a visita á recoñecida iluminación navideña artesanal da vila.
O prezo é de 45 euros por persoa e o prazo para anotarse remata o 10 de decembro. Desde Cousas Nosas animan á veciñanza a participar nunha xornada que mestura convivencia, gastronomía e ambiente festivo.