As mulleres rurais da Pastoriza organizan unha viaxe a Asturias para febreiro
A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza realizará unha viaxe cultural a Asturias o sábado 8 e o domingo 9 de febreiro. Nesta primeira xornada visitarán o Museo da Minería en Entrego antes do xantar e, pola tarde haberá sesión no Balneario María Manuela en Onís a partir das 17.00 horas. A sesión inclúe circuíto termal de 90 minutos, masaxe relaxante, cea e aloxamento.
O domingo realizarán unha visita a Covadonga pla mañá e tralo xantar percorrerán Cudillero.
O prezo desta excursión é de 165 euros para socios e de 200 para non socios. Está todo incluido no prezo: aloxamento, comida, bus, tratamento e entrada.
A saída da viaxe está prevista o sábado ás 7.00 horas dende a praza do Concello. A volta é ás 22.30 horas do domingo.
O prazo de inscrición remata o 19 de xaneiro e os teléfonos de información e consultas son o 630321655 e o 659032194.
Por outra banda, tamén realizará a súa asemblea Xeral Ordinaria para todas as socias o día sábado 11 de xaneiro de 2020, ás 21,30 horas en primeira convocatoria e ás 22.00 en segunda, na Casa da Música da Pastoriza.
Nesta xuntanza farase un informe de contas, as propostas de actividades para o ano 2020 e a renovación das cotas.
Despois da reunión haberá uns aperitivos para os asistentes.