As Mulleres Rurais de Insua de Vilalba organizan unha viaxe
TerraChaXa
A Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua vén de convocar unha viaxe para o 19 de outubro.
15 Out 2019
A Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua vén de convocar unha viaxe para o 19 de outubro.
Esta viaxe será ao pazo de Tor en Monforte de Lemos e ao ecomuseo de Arxeriz do Saviñao.
A saída será ás 8.30 horas do campo da festa de Insua, e ás 11 será a chegada ao excepcional pazo de Tor.
Ás 13.30 haberá unha parada para xantar por libre, por eso recomendan levar a comida da casa ou no seu caso probar a gatronomía de Lemos.
Xa ás 17.00 será a visita ao ecomuseo de Arxeriz.
O prezo desta viaxe é de 20 euros e incñue a entrada a ambos os dous museos.
Para anotarse é necesario chamar ao 696 618 454.