As Mulleres Rurais de Momán organizan unha festa de Entroido

TerraChaXa
As Mulleres Rurais Saudade de Momán celebrarán este ano unha gran festa de Entroido o venres 21 de febreiro, a partir das 20.
84003947_2560731117583781_1334419525386371072_o
15 Feb 2020

As Mulleres Rurais Saudade de Momán celebrarán este ano unha gran festa de Entroido o venres 21 de febreiro, a partir das 20.30 horas, nas naves do Campo da Feira.

Co título V Troula de Entroido, os participantes terán como eixe da festa a natureza. Nela sortearase un centro de planchado, unha cafeteira Dolce Gusto e moitos outros agasallos entre todos os participantes.

Ademais, haberá premios en metálico para os mellores disfraces da festa, que contará coa animación do dúo Venus.

Non faltará o apartado gastronómico con orellas, roscas, cesta de Entroido e freixós, sen esquecer os pinchos.

Os interesados en participar deberán anotarse antes do 18 de febreiro no teléfono 645 028 575 (Mónica)

 

0.17439699172974