As Mulleres Rurais de Muras festexan o seu Día Internacional

TerraChaXa
A Asociación de Mulleres Rurais de Muras, para celebrar o Día Internacional da Muller Rural, proxectara o luns 14 de outubro ás 19 horas no Local Social o documental Digna Rabia.
12 Out 2019

A Asociación de Mulleres Rurais de Muras, para celebrar o Día Internacional da Muller Rural, proxectara o luns 14 de outubro ás 19 horas no Local Social o documental Digna Rabia.

Este documental está realizado en 2011 por María Victoria Martins, investigadora da Universidade de Vigo e e Angel Rodríguez, profesor da mesma universidade; e é un repaso á soidade das mulleres na posguerra, as dificultades para instruírse e o seu infatigable compromiso co traballo. Son mulleres que contan a súa experiencia co contrabando, coas tarefas do campo, como canteiras, como traballadoras asalariadas, como mozas de servir, costureras e mariscadoras.

Despois da proxección haberá unha charla-coloquio, coa participación da Asociación de Mulleres Rurais de Muras, da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego e do Colectivo Feminista da Terra Cha.

Para rematar a xornada haberá chocolate e biscoito para os asistentes.

0.19955801963806