As Mulleres Rurais de Pol comezaron coas as actividades e os cursos

Pol
TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Mulleres Rurais de Pol amplía o seu catálogo de cursos anuais dirixidos a toda a poboación do Concello.
ioga pilates
20 sep 2023

A Asociación Mulleres Rurais de Pol retomaron as actividades e os cursos neste outono.

Os cursos seguirán na mesma liña que o ano pasado. Os luns teñen lugar as clases de ioga de 16.00 a 17.00 horas, dirixidas por Donvina e o martes os de bolillos, a cargo de Milagros, de 16.00 a 18.00 horas. A primera celébrase na caseta da Carballeira e a segunda na bilioteca.

Ademais, o mércores contan con piscina e aguagym, de 21.30 a 22.15 horas, a cargo de Miguel na piscina da Pastoriza e os xoves de 22.00 a 23.00 horas no local da Carballeira hai pilates. Esta última con Rocío.

Os cursos xa empezaron pero aínda hai prazas, polo que para inscribirse hai que poñerse en contacto coa asociación a través dos teléfonos 633 378 590, 666 230 570 e 616 129 825.

cursos pol
0.14853501319885