As Mulleres Rurais de Pol convocan a Cabalgata de Reis na tarde do día 5
TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol volverá ocuparse de celebrar a cabalgata de Rei tras tres anos sen celebrarse, concretamente dende o 2020, e tal e como anunciara en decembro.
2 Xan 2023
A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol volverá ocuparse de celebrar a cabalgata de Rei tras tres anos sen celebrarse, concretamente dende o 2020, e tal e como anunciara en decembro.
Dende a directiva confirmaron que se seguirá co modelo tradicional que tanto éxito tivo antes da covid.
A cabalgata será o día 5, ás 16.00 horas, coa súa chegada á praza do Concello, para pasar despois á recepción oficial e a parte máis esperada, a entrega de agasallos aos pequenos do municipio.
Ademais dos pequenos, os maiores do Concello tamén son protagonistas este día xa que recibirán tamén a visita dos Reis Magos.