As mulleres rurais de Pol organizan unha exposición de mobles restaurados

TerraChaXa
As mulleres rurais de Pol organizan unha exposición de mobles restaurados na Caseta da Carballeira ata o domingo 27.
exposicion mobles restaurados pol portada
24 Feb 2022

A Caseta da Carballeira de Pol acollerá dende o venres 25 ata o domingo 27 unha exposición de mobles restaurados nos cursos organizados pola Asociación de Mulleres Rurais Olvido de Pol.

A mostra abrirase o venres de 16.00 a 19.00 horas mentres o sábado e o domingo a ese horario de tarde engadirase outro de malá de 11.00 a 14.00 horas.

Na exposición poderán degustarse tamén produtos típicos de Entroido.

0.24171495437622