As nenas e nenos de O Salvador prepáranse para converterse en pequenos chefs cun taller de cociña

TerraChaXa
As persoas interesadas poden anotarse ata o 14 de abril
curso-cocina-a-pastoriza
13 Apr 2025

Este martes, 15 de abril, terá lugar un taller de cociña no comedor do CEIP O Salvador, unha actividade pensada para que os máis pequenos poidan descubrir o pracer de cociñar mentres se divirten.

O obradoiro, impartido por Alberto Saavedra, comezará ás 16:00 horas e está aberto tanto para socios como para non socios da ANPA. O prezo é de 3 euros para socios e 5 euros para non socios.

Baixo o lema Imos converternos en chefs!, a iniciativa busca fomentar a creatividade e a autonomía na cociña entre os nenos e nenas, cun enfoque lúdico e participativo.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 14 de abril chamando aos teléfonos 674 182 584 ou 627 536 577, ou achegándose á Libraría Bazar-Soños.

Este taller forma parte das actividades organizadas pola ANPA do CEIP O Salvador baixo o lema medrando cos soños dos nosos nen@s.

⚙ Configurar cookies
0.17609786987305