'As novas personaxes' da pintora lucense Carmen Prado chegan a Burela en setembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 sep 2019

A obra da pintora lucense, Carmen Prado, que vén do estudio da física e das matemáticas, pero que non puido resistirse ás artes, chega a Burela despois de percorrer varias localidades coma Fene, Rábade ou O Saviñao.

Concretamente, a sala da arte da casa da cultura de Burela amosará as súas obras do 6 ao 27 de setembro, de 10 a 13 horas e de 17 a 20. A exposición titulada Novos Personaxes inaugúrase o 6 de setembro, ás 19 horas. Trátase de obras nas que o rostro das mulleres é o protagonista.

Hai catro anos nacía a exposición 'Mademoiselles e outras persoaxes', de Carmen Prado. Unha mostra itinerante formada por vinte 'mademoiselles' que foron escollendo destino -algunhas se atopan en Marruecos, Francia, Irlanda, Dinamarca...- polo que a autora foi ampliando a mostra con novos personaxes cheos de color e sentimento. A reinterpretación expuxérase na Casa da Cultura de Fene.

Despois de 20 anos adicada ao debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializados, en 2013 realiza a súa primeira exposición pictórica. Desde entón, chegou ter ata tres exposicións simultáneas e, en menos de catro anos, os seus cadros están en Inglaterra, Dinamarca, Francia, Marruecos e en gran parte xeografía galega e estatal demostrando a gran acollida da súa obra.

0.1550509929657