As obras do PAI e da casa consistorial obrigan a un corte de circulación en Vilalba

TerraChaXa
A rúa que conecta a Praza Suso Gayoso coa Rúa José María Chao Ledo non estará operativa para o tráfico a partir do luns 27 de xaneiro
corte-de-trafico-praza-constitucion-praza-suso-gayoso
25 Jan 2025

A rúa que conecta a praza Suso Gayoso coa rúa José María Chao Ledo, na contorna da praza da Constitución, en Vilalba, permanecerá cortada ao tráfico a partir do vindeiro luns, 27 de xaneiro. Este peche, que se prolongará durante aproximadamente 10 meses, débese ao inicio das obras no edificio da Praza de Abastos, que será acondicionado para albergar o novo Punto de Atención á Infancia.

Ademais, está previsto o comezo inminente dos traballos de renovación da fachada da Casa do Concello, polo que as empresas encargadas necesitarán dispoñer deste espazo para o correcto desenvolvemento das actuacións.

Dende o Concello, lamentan as molestias que esta medida poida ocasionar á cidadanía e solicitan comprensión ante a importancia destas obras, que contribuirán a mellorar servizos e infraestruturas clave para o municipio.

Os cortes permanecerán activos ata a finalización dos traballos, previstos para o último trimestre do ano.

0.16756796836853