As Olimpíadas Rurais de Friol volverán no 2026 os días 26, 27 e 28 de xuño

LugoXa | TerraChaXa
O Concello acolleu a presentación do documental da segunda edición desta cita
olimpiadas-rurais-de-friol-documental
23 Nov 2025

O Concello de Friol acolleu a presentación do documental dedicado ás Segundas Olimpíadas Rurais de Galicia, un evento que destaca polo seu labor de posta en valor do rural galego a través da recuperación das tradicións e do espírito de convivencia que nos caracteriza.

O acto, que estivo presidido polo alcalde de Friol, José Ángel Santos, contou coa presenza da directora xeral do Agader, Paz Rodríguez, así como de numerosos participantes e colaboradores das Olimpíadas.

Durante a presentación, o alcalde agradeceu a Xunta de Galicia, que a través de Agader e de Turismo financia este evento, tamén subliñou a importancia desta cita para fortalecer a identidade do noso rural, visibilizando un territorio vivo, dinámico, creativo e orgulloso das súas raíces.

As Segundas Olimpíadas Rurais de Galicia celebráronse en Friol cun gran éxito de participación, e xa teñen data para a súa terceira edición, que volverá celebrarse nesta localidade os días 26, 27 e 28 de xuño do vindeiro ano. Unha cita que promete consolidarse como un evento de referencia para a posta en valor das tradicións e da vida comunitaria no rural galego.

No seu discurso o alcalde agradeceu a implicación de todas as persoas participantes e colaboradoras, que dun xeito ou outro forman parte de este evento, e que fan posible que estas Olimpiadas sigan medrando e fortalecendo o espírito de unión que as caracteriza. O documental presentado recolle a ilusión, o esforzo e o traballo colectivo de toda a comunidade, deixando constancia dun evento que xa forma parte da memoria viva de Friol.

⚙ Configurar cookies
0.072980165481567