As parroquias cospeitesas de Seixas, O Pino e Vilapene celebran a súa II Xuntanza o 17 de maio

TerraChaXa
Hoxe remata o prazo para anotarse, que debe facerse con calquera membro da directiva das tres asociacións
xuntanza-seixas-pino-vilapene
9 May 2025

O vindeiro sábado 17 de maio terá lugar a II Xuntanza das Parroquias de Seixas, O Pino e Vilapene con motivo da festividade de San Isidro, cun completo programa de actividades que se desenvolverán na capela do santo. A xornada dará comezo coa misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú, o xantar popular e unha sesión de tarde amenizada polo Trío Merengue.

O menú estará composto por langostinos á prancha, churrasco mixto, sobremesa, café e licores, ademais de bebidas variadas como viño, cervexa, refrescos e auga. O prezo do xantar é de 25 euros para os adultos, 13 euros para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, sendo gratuíto para os menores de 5 anos. O servizo de cátering correrá a cargo da empresa “Eventos A Oficina”.

A data límite para anotarse é hoxe, venres 9 de maio, podendo facelo a través de calquera membro das directivas das asociacións organizadoras: Asociación Veciñal e Cultural de San Martiño de Pino, Asociación Veciñal O Cruceiro de San Pedro de Seixas e Asociación Veciñal de Vilapene.

Esta xuntanza pretende reforzar os lazos entre a veciñanza das tres parroquias nun ambiente de convivencia, tradición e festa compartida.

⚙ Configurar cookies
0.16706490516663