As parroquias de Bestar e Ponte Vilar celebran as festas na honra a Santa Lucía

TerraChaXa
A parte musical estará a cargo de Karma, Principal e Alba
banderines-festas-patronais
4 Sep 2025

As parroquias de Bestar e Ponte Vilar, no concello de Cospeito, celebrarán os días 6 e 7 de setembro de 2025 as súas tradicionais festas na honra a Santa Lucía. O programa arrincará o sábado cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do Trío Karma, que tamén amenizará a verbena nocturna xunto coa orquestra Principal.

O domingo repetirase o esquema festivo, coa misa solemne ás 13:30 horas, procesión e sesión vermú que nesta ocasión contará coa actuación do grupo Alba.

Ademais, como peche festivo, o sábado 4 de outubro terá lugar unha comida veciñal organizada pola comisión de festas, que agradece a colaboración de veciños e anunciantes para facer posible esta celebración.

⚙ Configurar cookies
0.11269998550415