As parroquias de Pígara e Buriz celebran por todo o alto as festas de San Pedro

As parroquias de Pígara e Buriz, en Guitiriz, prepáranse para unha fin de semana chea de música, tradición e festa con motivo das celebracións na honra a San Pedro os días 28 e 29 de xuño.
En Pígara, o domingo 29 será o día grande. Haberá misa e unha sesión vermú prolongada co Dúo The Voice, formado por Santi Pulido e Néstor Peña, actuais cantantes do Grupo Origen. Ao rematar a festa sortearase unha cea para dúas persoas entre os asistentes. Os máis pequenos tamén terán o seu espazo coa instalación de colchonetas gratis.
En Buriz, as festas desenvolveranse durante dúas xornadas. Hoxe, sábado, terá lugar a misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha procesión e a sesión vermú co Grupo Antha. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Charleston Big Band. O domingo 29 repetirase o esquema relixioso e festivo, cunha nova misa solemne, procesión e sesión vermú longa a cargo do grupo Fussion. Para os nenos, haberá tamén colchonetas gratuítas.