As pastoricenses Gueimonde e Úbeda están de festa

TerraChaXa
Para a primeira só haberá celebración o sábado e na segunda abren cunha churrascada esta noite
fogos-artificiais-festas-patronais
12 Jul 2024

As localidades de Úbeda e Gueimonde, na Pastoriza, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra á Virxe do Carme.

A primeira en comezar coas celebracións é Úbeda, que hoxe, venres, arrancará cunha cea veciñal, que estará amenizada, a partir das 22.00 horas, polo dúo Caramelo.

O sábado haberá misa solemne ás 13.00 horas, con procesión e a tradición sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Los Españoles. Este mesmo grupo estará na verbena.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

En Gueimonde as festas arrancarán coa misa, ás 13.00 horas do sábado. A procesión será tocada por Farruko e a sesión vermú estará a cargo do dúo Estrellas.

Á noite, ás 21.30 horas, haberá unha pancetada popular, con churrasco, liscos e chourizo de balde para os asistentes. Repetirá o dúo Estrellas na verbena, na qu etamén haberá fogos de artificio.

0.16160583496094