As Pastoriza instala tres colectores para a recollida de aceite usado
O Concello da Pastoriza comezará estes días o proceso de instalación de tres colectores para a recollida de aceite usado, co obxectivo de xeralizar en todo o termo municipal o proceso de reciclaxe deste produto altamente contaminante, especialmente nos acuíferos.
O Concello decidiu colocar os tres primeiros colectores nos tres principales núcleos, Pastoriza, Bretoña e Reigosa.
Segundo explica o alcalde, Primitivo Iglesias, "é unha medida que pretende axudar un pouquiño a melorar o medio natural, para que o espazo no cal vivimos se converve ben, sen contaminación, tanto no chan como nos acuíferos, en especial de cara a esta etapa que se aveciña na que o cambio climático semella ser unha realidade incontrovertible". Iglesias recomenda comezar con medidas como estas e xeralizalas.
Paralelamente a esta instalación de colectores, o Concello tamén procurará facer charlas divulgativas, sobre todo nos colexios, "porque coidamos que son os nenos e as nenas de hoxe, os qu serán os homes de mañá, os que deben empezar a estar concienciados de que a natureza e un ben moi prezado que debemos consevar entre todos".A instalación do colectores levarse a cabo nos próximos días e entrarán en funcionamento de xeito inmediato á súa colocación.