As patronais de Trabada comezan cunha gran cea e contan con sete orquestras e un mago
Sete orquestras e discos móbiles animarán as festas patronais de Trabada na honra de Nosa Señora e San Roque que comezan este mércores, 14 de agosto, cunha gran cea, ás 22.30 horas. Convén consultar canto antes se aínda quedan tíckets dispoñibles para ser comensar no Mesón Camiño Norte e no supermercado Spar Express. O grupo Fénix e a disco móbil Project amenizarán a primeira velada.
O 15 de agosto, a principal xornada festiva, prosegue ás 13 horas cunha misa solemne e cunha sesión vermú coa Orquestra Chanel. Ás seis da tarde, haberá inchables e xogos para nenos no campo de fútbol e a partir das 22.30, a festa verbena volverá a contar coa orquestra Chanel e coa disco móbil Decibelios.
O 16 de agosto, o último día de festas, trala misa solemne e a sesión vermú das 13 horas, actuará a orquestra Emperadores e pola tarde, ás 18 horas, amenizará a velada o Mago Paco, aínda que tamén haberá pasarúas e todo na Praza do Concello, onde a partir das 22.30, de novo Emperadores e a disco móbil Decibelios poránlle a guinda ao pastel.
As festas son posible grazas, entre outros, ao impulso do Concello de Trabada, o Trabada Futbsal, Espectáculos Pico e a parrilla do Mesón Sarredo.