As pezas de Noelia Muíño e Olga Osorio gañan o festival de curtas M de Cine
A curtametraxe The Widow, de Noelia Muíño, foi a gañadora do xurado do concurso do festival M de Cine de Meira. Pola sau banda, Mouras, de Olga Osorio, foi a peza escollida polo público e fíxose polo tanto co premio Xosé da Flor.
Un total de 40 pezas presentáronse este ano a esta competición cinematográfica promovida por Gaitafilmes Culutral e foron escollidas cinco para a súa proxección, entre as que figuraron as dúas gañadoras. Ademais destas tamén puideron verse La madrina, de Pedro Sancho; Bostezó el perro y casi se traga mi drama, de Noelia Parga e Maullido de látex, de Brian Rodríguez.
Como en anos anteriores, o certame celebrouse o sábado pola noite na Casa da Cultura de Meira coa presenxa da familia do proxeccionista Benjamín Jartín, ao que se fixo unha homenaxe. O programa contou tamén con test meiregos, a sección no competitiva Cinema con M, ou a proxección de filmes como Trote, de Xacio Baño.
O xurado do festival estvio formado polo director Aser Álvarez, o actor Carlos Blanco e a acgtriz Sonia Méndez.