As piscinas de Rábade abren coas mesmas tarifas que o ano pasado

LugoXa | TerraChaXa
Un ano máis as piscinas de Rábade abriron as súas portas para a tempada de verán. Estas instalacións están situadas a carón do Río Miño.
piscina-rabade
8 Xul 2023

Un ano máis as piscinas de Rábade abriron as súas portas para a tempada de verán. Estas instalacións están situadas a carón do Río Miño, nun entorno privilexiado, preto do edificio do Portazgo e da Ponte Medieval.

Como en anos anteriores o seu horario será de 12 a 20 horas de xeito ininterrumpido. En canto ás tarifas, haberá acceso gratuíto para menores de 6 anos. Ademais, de 1 euro para os usuarios ata 14 anos e 3 para maiores de 14.

As piscinas estableceron tamén un bono de tempada de 20 euros ( para tarifa individual) e 50 euros (familiar… inclúe pais e fillos menores de idade). Os interesados en obter información poden facelo no teléfono 982 390 062.

0.19306802749634