As piscinas exteriores da Madalena abren este domingo cunha ampliación da capacidade

TerraChaXa
O horario de apertura será continuo, de luns a domingo, entre as 12:00 e as 20:00 horas
obras-piscina-vilalba-2
14 Jun 2025

Vilalba dá a benvida ao verán coa apertura, este domingo 15 de xuño, das piscinas exteriores do complexo da Madalena. O Concello anunciou o inicio dunha nova tempada estival para desfrutar das instalacións nun entorno natural privilexiado, nun espazo que xa é referente para o lecer na vila.

Como principal novidade, esta edición chega cunha ampliación da zona verde de descanso, o que permitirá incrementar o aforo das instalacións ata as 225 persoas, ofrecendo así máis comodidade e espazo para os usuarios.

O horario de apertura das piscinas será continuo, de luns a domingo, entre as 12:00 e as 20:00 horas. As instalacións permanecerán abertas ata o 1 de setembro, coincidindo co final do verán.

Desde o Concello animan á veciñanza a achegarse e gozar dunha tempada que combina natureza, deporte e descanso, destacando o valor que este espazo ten como punto de encontro e desfrute para todas as idades.

⚙ Configurar cookies
0.27748990058899