As Pontes abre o prazo de inscrición nos campamentos de conciliación familiar

TerraChaXa
O Concello das Pontes abríu hoxe o prazo de incrición para participar nos campamentos urbanos de Nadal, de conciliación familia.
campamento nadal portomarin2
5 Dec 2022

O Concello das Pontes abríu hoxe o prazo de incrición para participar nos campamentos urbanos de Nadal, de conciliación familiar, 2022-2023, unha iniciativa da Concellería de Igualdade que ten como obxectivo prioritario permitir ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar durante as vacacións de Nadal.

Os campamentos, dirixidos a nenas e nenos nados entre 2011 e 2019, desenvolveranse os días os días 23, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro 2022 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro e inclúen diferentes propostas de actividades lúdico-educativas orientadas a promover valores como o respecto mutuo, a tolerancia, a igualdade e a colaboración, encamiñados a facilitar a convivencia entre os/as menores.

As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas. Hai 30 prazas dispoñibles e a cota de inscrición é de 40 euros por cada menor inscrito. Asi mesmo o Concello das Pontes adaptará a actividade á situación sanitaria por mor do COVID-19, podendo cancelar a mesma o diminuir o número de prazas para cumplir coas restricións existentes no momento do comezo da actividade.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos e fillas nestes campañamentos deben estar empadroadas no Concello das Pontes e trallabando no período de vacacións, dándoselle prioridade ás familias con ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM 2022, límite que se incrementa nun 15% cando se trate de familias monomarentais/monoparentais ou familias numerosas.

Para a xustificación destas situacións é preciso achegar a seguinte documentación: fotocopia do libro de familia (en caso de ser o primeiro ano de inscrición), fotocopia do DNI das persoas solicitantes e menores (en caso de ser o primeiro ano de inscrición) certificado de empadroamento da unidade familiar ou autorización para a comprobación destes datos no padrón municipal e declaración da renda do 2021 ou xustificante de non ter a obriga de facela.

Ademais haberá que achegar certificados de empresa conforme se está traballando ou non en período de vacacións (para as persoas autónomas entregarase fotocopia do último recibo de autónomos), certificado da entidade que imparte a formación de estar asistindo a ela, declaración xurada de estar a traballar no servizo doméstico (de ser o caso) así como outra documentación que se requira para xustificar as diferentes situacións de respiro familiar ou similares.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal do Concello, previa cita nos números de teléfono 667 12 93 89/667 12 93 80, en horario de 08:30 a 13:30 horas, no rexistro municipal, hata o 15 de decembro.

Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica:
http://sede.aspontes.com/es/index.html, comezando o prazo o día 5 de decembro ás 00.00 e rematando o prazo o 15 de decembro ás 23.59 horas.

0.32611012458801