As Pontes abre un servizo de impresión gratuíta de tarefas escolares

TerraChaXa
O Concello das Pontes, con motivo da suspensión das clases nos centros educativos do municipio, debido á declaración da alerta sanitaria e do estado de alarma, puxo en marcha un servizo de balde de impresión de tarefas escolares para evitar a fenda académica entre o alumnado do municipio.
3 Apr 2020

O Concello das Pontes, con motivo da suspensión das clases nos centros educativos do municipio, debido á declaración da alerta sanitaria e do estado de alarma, puxo en marcha un servizo de balde de impresión de tarefas escolares para evitar a fenda académica entre o alumnado do municipio.

A responsable do departamento de Benestar Social, Tania Pardo, apunta que “a partir do 16 de marzo, o alumnado comeza a recibir nas súas casas, a través de diferentes plataformas dixitais, os contidos educativos. Somos coñecedores de que existen familias no municipio que non teñen os recursos tecnolóxicos precisos para continuar co curso escolar nos seus fogares, ben por que non teñen ordenador na casa, por que non teñen acceso a Internet ou mesmo por que os datos de navegación dispoñibles nos fogares son insuficientes, polo que tratamos de buscar unha alternativa que lles permita, na medida do posible, non perder o curso escolar”

A través desta iniciativa, en coordinación coas direccións dos diferentes centros educativos, facilítaselles ás familias máis vulnerables, sen acceso aos contidos educativo, o material de forma impresa.

Os técnicos do departamento acceden as páxinas web do centros, imprimen os deberes e todas aquelas familias que o precisan, sempre con cita previa, acoden ata o departamento de Benestar Social, na Casa Dopeso, a recoller as tarefas escolares correspondentes.

A media que o profesorado publica nas plataformas educativas dos seus centros escolares as tarefas, vanse imprimindo para que o alumando non perda o ritmo escolar “aínda que somos conscientes da enorme dificultade que iso supón tanto para eles e elas como para as súas familias” remarca Tania Pardo.

0.16474318504333