As Pontes acolle a cuarta edición da Universidade Sénior da UDC
As Pontes acollerá, a partir do mes de marzo, a cuarta edición do programa Democratización do Coñecemento da Universidade Sénior, baixo o título Compartir experiencia e coñecemento.
Tania Pardo, responsable da área de educación do Concello das Pontes, subliña a importancia desta nova acción formativa da Universidade Sénior no municipio “que nos permite promover o envellecemento activo, levar o coñecemento fóra das aulas da unviersidade, dándonos a oportunidade de ofrecerlle á veciñanza unha ferramente de crecemento formativo, cultural e social única”.
A acción formativa que se levará a cabo este ano ten como obxectivo prioritario revalorizar o patrimonio cultural, social e ambiental da zona, concienciar á sociedade sobre a presenza da ciencia no día a día, e recoñecer o valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias.
As materias que se impartirán a través de diferentes seminarios pertencen a tres grandes áreas temáticas: Arte e Humanidades, Ciencias Xurídicas e Sociais e Ciencias da Saúde e serán impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, no auditorio da Casa Dopeso, os lunes e os martes, de 17:00 a 19:00 horas.
Cada seminario inclúe tres sesións teóricas, impartidas por profesores da UDC, e unha sesión práctica con visitas a diferentes espazos de interese da contorna así como un obradoiro sobre exercicio físico e un taller no que simulará un xuízo.
As persoas interesadas en participar, nesta actividade de balde, poden inscribirse desde o 14 de febreiro ata o 2 de marzo, de forma online a traves do espazo web https://udcsenioraspontes.wordpress.com/inscricion/ ou presencialmente na Secretaría de Alcaldía, de 09:00 a 14:00 horas.