As Pontes acolle a fin de semana a regata Optimist

TerraChaXa
A frota galega da clase Optimist cítase esta vindeira fin de semana nas augas do lago de As Pontes, onde perto de 150 rapaces de entre 8 e 15 anos comezarán a carreira por facerse un oco na Selección Galega da clase, que un ano máis se formará cos mellores navegantes dunha serie de regatas puntuables que arrinca coa proba dos días 26 e 27 de agosto.
regata optimist as pontes portada
23 Ago 2023

A frota galega da clase Optimist cítase esta vindeira fin de semana nas augas do lago de As Pontes, onde perto de 150 rapaces de entre 8 e 15 anos comezarán a carreira por facerse un oco na Selección Galega da clase, que un ano máis se formará cos mellores navegantes dunha serie de regatas puntuables que arrinca coa proba dos días 26 e 27 de agosto.

Está regata está organizada polo Club de Vela Fluvial As Pontes e a Real Federación Galega de Vela, coa colaboración do Concello de As Pontes.

Ó longo das dúas xornadas de competición disputaranse seis mangas, con un campo de regatas que se tratará de montar o máis cerca posible da praia para facilitar a súa visibilidade por afeccionados e acompañantes.

As categorías que se distinguen son Sub 11, Sub13 e Sub 16, tanto masculina como femenina. E segundo as previsións da organización está prevista a presenza de unhos 15 clubes de toda Galicia.

Será tamén esta regata unha boa oportunidade para ver os resultados que fixeron los diferentes clubes naúticos galegos durante todo o verán para ter a punto os seus equipos.

Pola parte da flota pontesa disputarán esta proba Xairon Carballo, Paula González, Antón Dopico, David Villaverde, Jaime Pin e os debutantes Xulia Dopico e Óscar Martínez.

A saída está prevista ás 15.00 horas do sábado e ás 11:00 o domingo, coa entrega de premios ás 17:00 horas dominicales no recinto do lago.

regata optimist as pontes
0.19889307022095