As Pontes acolle a fin de semana unha concentración de autocaravanas
As Pontes acolle dende hoxe e ata o domingo, 5 de marzo, unha concentración de autocaravanas organizada pola Asocicación Galega deste colecivo (AGA).
A cita dará comezo na tarde do venres coa recepción dos asistentes na rúa 8 de Marzo. Durante a xornada do sábado realizarse unha visita guiada ao centro histórico da vila, con explicación da historia local, as lendas do Eume, as pontes e finalizarán no museo Monte Caxado.
A visita está programada para as 11.00 horas e despois da comida está prevista outra vista, nesta ocasión ao lago das Pontes, á praia e ás rotopalas con explicación do proxecto de rexeneración da mina e o pasado industrial recente das Pontes. Poñerase un autobús para os que non queiran ir ata o lago andando. É imprescindible apuntarse para ir en autobús.
Rematarán a programación ás 11.00 domingo coa asemblea xeral da Asociación.
A única condición para asistir é ser autocaravanista. Os interesados poden inscribirse na APP: ou por correo electrónico no mail info@aga.gal indicando o número de socio e o número de persoas que se apuntan ás actividades.