As Pontes acolle a representación da obra A lúa vai encuberta
O Concello das Pontes acollerá a representación da obra de Manuel María A lúa vai encuberta. Trátase dunha co-produción de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.
A representación terá lugar o sábado 5 de febreiro ás 20.00 horas no auditorio Alovi e xa están á venda as entradas.
Obra sobre a realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, enfrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está a ser moitas veces silenciado e que explica, en certo xeito, as razóns de porqué hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.
A obra está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), no convenio do Concello das Pontes co AGADIC, 1º semestre de 2022.