As Pontes acolle esta fin de semana a Copa Galega de Wáter-polo

TerraChaXa
Será na piscina municipal desde o sábado ás 15.00 horas e o domingo todo o día
copa-galega-waterpolo
20 Feb 2025

O sábado 22 de febreiro, pola tarde, dará comezo a Copa Galega de Wáter-polo na piscina das Pontes. Estará organizado por a FEGAN coa colaboración de C Marina Ferrol e o Concello.

Na categoría masculina participarán 8 equipos, sistema de xogo KO. Na feminina serán 6 equipos, cun sistema de xogo por liguilla de 3 equipos, máis final cos primeiros de cada grupo.

A sesión dará comezo ás 15:00 horas o sábado coa categoría masculina e prolongarase durante todo o domingo a partir das 10.00 horas.

0.19183397293091