As Pontes acolle este mércores un concerto de guitarra de Samuel Diz

TerraChaXa
O repertorio incluirá obras de Emiliana de Zubeldia, María Teresa Prieto, Rosita García Ascot e Elena Romero
concerto-samuel-diz-as-pnotes
22 Out 2024

Este mércores 23 de outubro, ás 19:30 horas, a Casa Dopeso nas Pontes acollerá o concerto de guitarra Feminino, Singular, a cargo do intérprete e investigador galego Samuel Diz. Especialista na música da Xeración do 27, Diz presentará un programa centrado nas compositoras deste período, cun enfoque no traballo de mulleres que marcaron a historia musical.

O repertorio incluirá obras de Emiliana de Zubeldia (1888-1987), María Teresa Prieto (1896-1982), Rosita García Ascot (1902-2002) e Elena Romero (1907-1996). Estas pezas serán interpretadas coa réplica facsímile da guitarra orixinal de Federico García Lorca, engadindo un valor patrimonial ao concerto.

A actuación forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña, promovendo a difusión da cultura a través de eventos de gran calidade e relevancia histórica. Unha oportunidade única para o público das Pontes de desfrutar dun recital que combina música e historia nunha proposta singular.

A entrada é de balde ata completar aforo.

0.1918408870697