As Pontes acolle este sábado a III Xornada Feminista
TerraChaXa
Este sábado 12 de marzo o colectivo feminista das Pontes retomará a Xornada Feminista que por mor da pandemia parouse no 2020.
11 Mar 2022
Este sábado 12 de marzo o colectivo feminista das Pontes retomará a Xornada Feminista que por mor da pandemia parouse no 2020 para celebrar a terceira edición.
Esta sesión terá lugar no Mercado Municipal, no primiero andar, desde as 11.30h. Abrirase cun palestra obradoiro sobre sexualidade com Jeane Costa de Sexoloxía Atlántica. Ao remate haberá vermute e xantar de convívio.
Pola tarde continuará a sesión ás 17.30 horas coa representación da peza teatral a cargo de Silvia Romaus A Violación, de Dario Fo e Máxima Rame.
"Non vale parar compañeiras! A forza de todas nós onte debe ser motor de transformación social!! E para transformar temos que falar, reflexionar e nos formar tamén", indican dende o colectivo feminista.