As Pontes acolle este sábado a sétima edición do International Krav Maga Training Camp

TerraChaXa
Está organizado pola escola de defensa persoal e policial HKF, e se vai celebrar de 10:30 a 13:30 no entorno do lago
Presentacion-Seminario-Defensa-Persoal-as-pontes
Presentación do seminario
5 Xul 2024

O salón de plenos do Concello das Pontes acolleu está mañá a presentación da 7ª edición do seminario de defensa persoal International Krav Maga Training Camp, organizado pola escola de defensa persoal e policial HKF, e que se vai celebrar o vindeiro sábado 6 de xullo, de 10:30 a 13:30 no entorno do lago das Pontes.

Elena López, concelleira de deportes, daba a benvida ao organizador do evento e director da escola de defensa persoal HKF, José Rodríguez, e a Martín Luna, mestre internacional de Krav Maga, e agradecíalles o esforzo de organizar un evento que xa leva, con esta, sete edicións, as dúas últimas de carácter internacional.

José Rodríguez especificaba que o seminario vaise dividir en catro grandes bloques: defensa persoal feminina, defensa persoal infantil, defensa persoal militar e policial, e un apartado específico de defensa para persoal sanitario.

Martín Luna, pola súa banda, quixo agradecerlle ao Concello das Pontes o apoio incondicional, tanto á escola de defensa persoal, como á organización deste seminario, que conta con máis de cen participantes inscritos.

Finalmente, Elena López aproveitou a ocasión para convidar a toda a veciñanza a visitar o lago das Pontes na mañá do sábado 6 de xullo para gozar das actividades deste seminario de defensa persoal nun entorno privilexiado.

0.14691591262817