As Pontes acolle este sábado o segundo Máster Vila das Pontes
Este sábado, 7 de decembro, o Automóvil Club As Pontes organiza o segundo Máster Vila das Pontes, un evento tipo carreira de campións que se vai celebrar no circuíto de Karting da localidad e que está reservado a 32 pilotos, os cales entraron por orde de inscrición, que xa está pechada.
A sesión comezará coa manga clasificatoria a partires das 09:00 da mañá sendo as tandas eliminatorias a continuación.
Esta é una proba tipo carreira de campións na que sairán dous coches o mesmo tempo de distintos puntos do circuíto de karting.
Pola mañá haberá unha manga clasificatoria na que os distintos pilotos darán unha volta de recoñecemento ó circuíto e despois partirán da saída para o marcaxe de tempos.
Xa pola tarde serán mangas eliminatorias (o mellor de 3) onde sairán coches dende cada saída sendo gañador o que faga o percorrido máis rápido e así ata chegar a una final a dous vehículos que decidirá o gañador.