As Pontes acolle este venres a segunda Foliada do Muíño de Rita

TerraChaXa
Ao longo da noite subirán ao escenario a formación local Retranka e Tocata Xou, das Somozas e rematarán con foliada libre
segunda-foliada-libre
29 Jan 2026

A vila das Pontes acollerá este venres 30 a segunda edición da Foliada do Muíño de Rita, unha cita musical que nace coa vocación de poñer en valor a música tradicional galega e crear un espazo de encontro arredor do folclore. O evento celebrarase na Sala Medulio a partir das 22:00 horas e contará cun amplo programa de actuacións.

Ao longo da noite subirán ao escenario a formación local Retranka e Tocata Xou, das Somozas. A programación combina agrupacións consolidadas con colectivos locais, ofrecendo unha mostra diversa da riqueza musical do país.

Tras as actuacións previstas, a festa continuará cunha foliada libre aberta á participación do público, reforzando o carácter popular e participativo do evento. A iniciativa está organizada por Retranka, Axóxere, Os Feroces da Galgueira, Os Trevillas, Canavella e No Cómbaro, xunto con a Escola Municipal de Música das Pontes nas especialidades de gaita, percusión e pandeireta, e conta coa colaboración de Medulio, nunha aposta clara pola dinamización cultural e pola recuperación dos espazos de convivencia arredor da música tradicional.

⚙ Configurar cookies
0.076205015182495