As Pontes acolle o Campionato Xunta de Galicia de Karting 2026 no seu circuíto municipal

TerraChaXa
O público poderá gozar de carreiras nas categorías Prerookie, Rookie, Mini, Junior, Sénior, KZ e KZ2
campionato-galego-de-karting-as-pontes
6 Feb 2026

O Circuíto Municipal das Pontes será escenario durante esta fin de semana do 7 e 8 de febreiro do Campionato Xunta de Galicia de Karting 2026, unha das citas máis destacadas do calendario autonómico desta disciplina deportiva. O evento reunirá a pilotos de todas as categorías, desde a base ata a elite do karting galego, nunha competición que promete emoción, velocidade e un alto nivel deportivo.

Ao longo das dúas xornadas, o público poderá gozar de carreiras nas categorías Prerookie, Rookie, Mini, Junior, Sénior, KZ e KZ2, o que permitirá seguir a evolución de novos talentos e tamén o rendemento dos pilotos máis experimentados do karting en Galicia.

A competición está organizada pola Federación Galega de Automobilismo e conta coa colaboración do Concello das Pontes, a Xunta de Galicia e Deporte Galego. Dende o goberno municipal destacan a importancia de acoller eventos deste nivel, que contribúen a consolidar As Pontes como un referente no ámbito do motor e supoñen tamén un impacto positivo para a actividade deportiva e económica do municipio.

O campionato converterá As Pontes nun punto de encontro para afeccionados e profesionais do karting, reforzando a proxección do circuíto municipal como unha infraestrutura clave para a celebración de probas deportivas de primeiro nivel en Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.080176115036011