As Pontes acolle o Festival de Primavera esta noite de sábado

O Auditorio Municipal Cine Alovi de As Pontes será o escenario do Festival de Primavera, que se celebrará hoy sábado, 3 de maio, ás 20:00 horas. Este evento musical contará coa participación da Escola de Rondalla do Goberno de La Rioja e da Rondalla Vila das Pontes, organizadora do acto.
Durante a actuación, o público poderá gozar tamén da voz da solista Bella StC y R, quen acompañará ás agrupacións participantes.
O Festival de Primavera conta coa colaboración do Concello das Pontes de García Rodríguez e promete ser unha cita destacada para os amantes da música tradicional e da cultura local.