As Pontes acolle o Pajareo Fest esta noite de sábado con 15 concertos
TerraChaXa
O evento comezará ás 12.00 horas e terá lugar no skatepark
Cartel
24 Ago 2024
Este sábado, 24 de agosto, terá lugar nas Pontes o Pajareo Fest. Trátase dun festival con entrada de balde no que haberá uns 15 concertos en directo, unha batalla de galos e, todo isto, a maiores dos DJ´s set.
O evento comezará ás 12.00 horas e terá lugar no skatepark das Pontes. Dentro do grupo de concertos estarán os artistas locais Manufa, Shawn Frost, O Pirata, Kué, Bakuto Gang, BCH, Buiza, Delclaux, G Caballi, Cucu, Muñoz, M Moreno, Metak95 e Louis Vutron.
Ademais no apartado de dj poderá verse actuar a Seofel, Piton, R01 Otero, Chemixx, Parking Dust, Irene Castro, Iván Rbeira, Nicolás, Yago V e Álex Romero.