As Pontes acolle o proxecto 'Cúpula 2023, Orixe' para a divulgación da astronomía

TerraChaXa
O Concello das Pontes acollerá o venres, 31 de marzo, o proxecto Cúpula 2023, Orixe, unha actividade de divulgación da astronomía.
proxecto cupula as pontes astronomia portada
18 Mar 2023

O Concello das Pontes acollerá o venres, 31 de marzo, o proxecto Cúpula 2023, Orixe, unha actividade de divulgación científica e participativa que ten como obxectivo achegar aos ponteses e pontesas, de todas as idades, á astronomía.

“Trátase dunha actividade a través do que as persoas participantes poderán realizar unha viaxe pola grandeza do universo o do ceo nocturno, experimentando novas sensacións e afondando na historia dos territorios e que inclúe charlas, obradoiros e unha observación nocturna con telescopio e o planetario móbil accesible máis grande de España" sinalan desde o Concello das Pontes.

As persoas participantes achegaranse á astronomía de forma activa, lúdica e participativa para coñecer a orixe do Universo e dos seus principais elementos, a mitoloxía asociada e ademais aprenderán a recoñecer as principais constelacións e estrelas que o compoñen e poderán, ao mesmo tempo, adquirir nocións básicas sobre as principais técnicas e métodos de observación.

As actividades dirixidas a toda a veciñanza desenvolverase no IES plurilingüe Castro da Uz, en horario de tarde. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse, antes do día 31 de marzo, no teléfono 672 629 308 ou no correo electrónico aspontes@astroemociones.es

proxecto cupula as pontes astronomia

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16912412643433