As Pontes acolle o sábado 29 unha quedada moteira
O concello as Pontes acollerá o sábado 29 de xullo, a partir das 11:00 horas a quinta quedada moteira organizada polo motoclub local Tribu Mohican.
Durante a presentación desta iniciativa, a concelleira responsable de Deportes e Turismo, Elena López agradeceu ao club a posta en marcha desta concentración que “congrega a un numeroso público procedente de toda a xeografía galega contribuíndo á promoción do municipio a través do deporte do motor, cun forte arraigo na nosa vila”.
Pola súa banda, Jesús Martínez, presidente de Tribu Mohican Club Eume, explicou o programa de actividades que arrancará ás 11:30 da mañá, no patio do Colexio Santa María cunha ruta moteira que permitirá coñecer ás persoas participantes os atractivos turísticos da vila para continuación, unha vez remata a ruta, achegarse de novo ao centro urbano e gozar dun xantar de confraternización.
Durante a xornada da tarde haberá propostas para os nenos e nenas, con inchables e actividades de animación e música a cargo do grupo Sonorama. Xa pola noite, tras a cea de irmandade será a quenda para a actuación do de The Rock Legend.
As persoas interesadas en participar nesta quedada moteira poden inscribirse nos seguintes números de teléfono: 615 676 003/ 626 114 777