As Pontes acolle o sábado a Copa Xunta de Galicia de Rugby
O Club de Rugby Fendetestas organiza a Copa Xunta de Galicia, que reunirá este sábado 18 a máis de 30 equipos galegos para gozar dunha gran xornada nos Campos de O Poboado (instalacións cedidas polo CD As Pontes).
Desde as 10 da mañá disputaranse partidos de rugby seven nas categorías sub14, sub16, sub18, senior feminino e sénior masculino, e ao tempo celebrarase un torneo de veteráns nas mesmas instalacións. A entrada ao evento será de balde durante todo o día.
Para finalizar a xornada, o CR Fendetestas celebra o seu 30 aniversario cunha cea na carpa do CEIP Santa María.
O prezo da cea é de 25 euros e o menú está composto por langostinos, xarrete de tenreira, postre, café, chupito e bebida. O prezo do menú infantil é de 12 euros para maiores de 10 anos, sendo de balde para os menores desa idade. Os tickets para a cea están á venda no Bar O Lar, Bar Calvo, Trastoy 3 e Oficinas AXA ata hoxe martes, 14 de maio.
Ademais, tamén hai a opción de reservar os tickets por teléfono e facer o pago a través de ingreso bancario (ABANCA ES84 2080 5200 3530 4000 5419).