As Pontes acolle o sábado o I Trofeo de Waterpolo

TerraChaXa
Está organizado polo club Marina Ferrol e o Concello
trofeo-waterpolo-as-pontes
Cartel
17 Xul 2024

Este sábado, 20 de xullo, celebrarase no lago das Pontes un trofeo de waterpolo cun formato festivo, non é preciso ter licenza federativa nin pertencer a clubs, a inscrición é libre e gratuíta.

Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello das Pontes en colaboración co club Marina Ferrol.

Conta con dúas categorías, maiores de 16 anos mixto (nados no 2008 e anteriores) e menores de 16.

Serán equipos de 4 xogadores e xogadoras de campo máis un porteiro (9 xogadores como máximo por equipo)

O sistema de competición determinarase en función do número de equipos inscritos e o tempo de xogo de cada partido será de dúas partes de 12’ a tempo continuo.

0.15277814865112