As Pontes acolle parte dunha nova proba de orientación a pé

TerraChaXa
A Sociedade de Montaña Artabros, na Coruña, celebrará este sábado a undécima proba da Liga Galega de Orientación a pé.
proba orientacion a pe as pontes. portada
16 sep 2022

A Sociedade de Montaña Artabros, na Coruña, celebrará este sábado a undécima proba da Liga Galega de Orientación a pé nas localidades das Pontes e A Capela (cun novo mapa Pena dos Moteiros).

Trátase dunha proba de distancia longa con tramos en mapa novo fóra da Rede Natura e das Zonas de Exclusión coñecidas (respecto ao medio ambiente e orientación sostible).

Espazos de saída e meta a 2 km do Curro de Forgoselo. Comezará a competición ás 10.00 horas e está prevista a súa finalización e a entrega de trofeos ás 14.30 horas.

Ademais da zona de Forgoselo, continuarase por Pena dos Monteiros e Goente, ambos os dous lugares dentro do Concello das Pontes.

Haberá sorteos e entrega de trofeos no Centro de Competición do Curro do Monte Fogoselo.

proba orientacion a pe as pontes
0.19546794891357