As Pontes acolle un Campus de Hockey a Patíns desde o luns
O club As Pontes Hockey organiza un Campus de Hockey a Patíns, para os días 26, 27, 28 e 29 de agosto no pavillón Monte Caxado e Magdalena en horario de 10:00 a 18:00 horas.
Esta iniciativa que conta coa colaboración do concello estará dividida en catro xornadas, nas que os participantes poderán iniciarse neste deporte ou perfeccionar os seus entrenos adaptados a diferentes niveis e idades.
Os monitores que impartirán as sesións serán Tomás de Llano, técnico nacional de nivel III; Martín Barrós, adestrador nacional nivel II en Oleiros, As Pontes e Dominicos; Pablo Arias, técnico de nivel II de Dominicos; Borja Velasco, licenciado en Inef; Manu Fernández, xogador júnior de Dominicos, e Vicente Cebreiro, xogador veterán das Pontes e adestrador de Compañía de María.
As inscricións para este campus de hockey haberá que facelas chamando ao teléfono 615 11 17 20 ou por correo electrónico hockeyclubaspontes@gmail.com.
O prezo será de 80 euros para os socios do club As Pontes Hockey e de 120 para os non socios. O prezo inclúe a asistencia a todas as leccións, xantares e merendas, ademais da ropa de adestramento.